jueves, 4 de febrero de 2021

UN RECUERDO DEL SANTO TIRSO.

Historia que nos está dejando el profesor y escritor José María Perez titulada “Casares e o Bibei”, al que le seguimos agradeciendo su colaboración. Gracias a este relato, podemos conocer algo mejor “nuestro” río, tan desconocido en muchos aspectos:

“O Bibei en Casares é unha mestura das augas de moitos ríos e montañas. É reconfortante pensar, na miña opinión, que a auga que vemos pasar baixo a aldea (hoxe en remanso) xerou tanta electricidade sen contaminar a atmosfera. Máis de un billón de litros pasan baixo Casares cada ano e contribuíron a xerar enerxía eléctrica de maneira limpa. É para sentir orgullo do río.

Ao norte do Invernadoiro e no leste da Serra de Queixa sitúanse o nacemento do Conso e do seu afluente Cenza. O Conso baixa por Chandrexa e rodea o Castelo de Cerveira (montaña no centro da imaxe da esquerda), no cuxo cumio sitúase unha fortaleza romana no medio da serra. O Cenza aliméntase das augas das enormes chairas na zona leste da Serra de Queixa, chea de mananciais e lagorzas que propiciaron durante séculos pastos e augas peremnes para o gando ovino e caprino dos concellos limítrofes (imaxe da dereita) e que seguen a ser un lugar de descanso de aves migratorias. Ata non hai moito e desde tempos inmemoriais xuntábanse nesta zona miles de cabezas de cabras e ovellas, que se recollían nos numerosos curros presentes. Ambos ríos xúntanse na vila de Vilariño de Conso, enclavada nun gran val similar ao do Camba. O val do Conso, moi aberto e apto para ser traballado (case 15 kilómetros de río a un 1% de pendente media), ten esa configuración desde Entrecinsa ata a xunta co Bibei onde este se pasaba en barca, en Bolado.

Algo que fai excepcional e único a Casares é a súa ubicación. No seu curso alto o río Bibei acomódase sobre unha ribeira amable e aberta, preparada polo paso dos xeos dos antigos glaciares. Pradorramisquedo e Porto aséntanse sobre o mesmo cauce do río, en chairas extensas onde a baixada ao val do aire denso e frío en noites de xeada pode poñer os termómetros a -20ºC xusto antes da saída do sol.

Por baixo de Pías o río empeza a tomar a forma que ten en Casares e que comparte en tantos lugares co Sil: ribeiras moi ladeiras polas que vai encaixonado, primeiro entre granito e, a partir do Santuario das Ermitas, cada vez con máis pizarra. Esta orografía fai que ningún pobo fose erixido ao pé do río nesta zona, agás a aldea do Bao (O Bolo), lugar onde se pasaba o río en barca, e as aldeas de Viana do Bolo preto da desembocadura do Conso no Bibei.

Antes do asolagamento co encoro do Bao, existían dúas localidades de Viana que tiñan certa semellanza ao asentamento de Porto. Os seus nomes eran San Romao e Bolado, estaban sobre o Bibei e localizábanse preto da xunta co Conso, nun dos escasísimos lugares fóra da zona alta onde a ribeira do río Bibei suavizaba a súa pendente. Cómo non, por Bolado había tamén un paso en barca do río, a semellanza do que ocurre en Casares.

Neste mapa do IGN de 1941 apréciase un relevo máis suave na ribeira do Bibei na súa xunta co Conso, onde a construcción do Bao deixou San Romao e Bolado baixo as augas. A aldea veciña de Santa Marta era máis grande das tres e estaba a pé do río Conso nun vao do río. Pertencía tamén a Viana do Bolo e correu a mesma sorte”.

Como ya sabéis este año no se pudo celebrar, el último fin de semana de enero, la fiesta del Santo Tirso, patrón de Casares. De todas maneras nada tiene que ver lo que se hacía los últimos años con lo que se celebraba en el pasado, cuando el pueblo era un hervidero de gente y las casas estaban llenas de vida. Los recuerdos que tiene mi madre, o Sinda o cualquiera de vosotros que lo haya vivido desde niño, no es nada comparable a lo que se celebraba ahora, donde la mayoría de la gente viene a misa y se va, no volviendo hasta el año siguiente en muchos casos. Os dejamos algunas fotos para recordar aquellos tiempos de fiesta, cuando las casas aún no estaban abandonadas ni arruinadas y hasta venía muchísima gente de otras aldeas cercanas. Como siempre un recuerdo para aquellos que perdieron la vida en aquel fatídico accidente de 1942 cruzando el río Bibei desde A Balsada (hoy ya deshabitada) solo para difrutar de las fiestas de Santo Tirso.

NOTICIA APARECIDA NA "VOZ DE GALICIA" NO ANO 1992.
(CEDIDO POR LUIS E CHIRUKA).

A BALSADA, DE ONDE SAIU A BARCA E MORRERON
AFOGADAS 38 PERSOAS NO ANO 1942 (FOTO CEDIDA
POR MARU E CAROL).

A BALSADA NA ACTUALIDADE. ANO 2020.

CLEMENTE, ALBINO, BELISARIO DELANTE DOS
MUSICOS-O FILLO DE MERCEDES, GELINES E M.JOSE.  

                                     




CARTEIS FACILITADOS POR CHIRUKA
E LUIS.


NA CASA DA MIÑA NAI: JOSE MARI, MEU IRMÁN JORGE,
MEU PAI, XURXO ...


OS MÙSICOS, SEMPRE MOI IMPORTANTES.

O TÍO DE MARU CARGANDO AS BOMBAS. 









NOTICIAS:

-NOVA WEB CREADA PARA SALVAR AS MONTAÑAS DE TREVINCA.

-UNA EMPRESA BUSCA TERRENOS EN QUIROGA PARA UN PARQUE EÓLICO.

-A PROTESTA POLO TRANSPORTE ESCOLAR DE FOLSGOSO DO COUREL CHEGA Ó PARLAMENTO EUROPEO:

http://xornaldelemos.gal/sociedade/27863-as-queixas-do-transporte-escolar-no-courel-chegan-a-comision-de-peticions-europea/

https://www.elprogreso.es/articulo/ribeira-sacra/quejas-contratacion-transporte-escolar-courel-llegan-eurocamara/202102032028151484175.html

-AS VÍAS ROMANAS E A PONTE BIBEI NUN DOCUMENTAL (E MOI INTEREESANTE).

-CONCURSO DE DEBUXO ARREDOR DA FIGURA DE CASTELAO.

-CONSEGUIDO O MÍNIMO PARA RODAR O DOCUMENTAL "CIUDAD DE LA SELVA" SOBRE A GUERRILLA ANTIFRANQUISSTA EN CASAIO, EMPEZA A SEGUNDA PARTE PARA TER MÁIS FONDOS.

-A RÚA MEJORARÁ EL ENTORNO DO AGUILLÓN.

 

GENTE QUE NOS VISITA.

 A veces las redes sociales sirven para algo y el caso que os vamos a contar no nos deja de sorprender. Hace unas semanas recibimos unos men...