Os seguimos dejando la historia “CASARES E O BIBEI” que nos ha facilitado el profesor y escritor Jose María Pérez, continuación de la primera parte que publicamos en este blog la semana pasada:
“Vivimos
nunha época onde a xente estamos, máis e máis, desconectada da natureza polo
noso modo de vida. Expulsar á xente do río dificultando ou eliminando
actividades tradicionais no mesmo (limpeza ou pesca, entre outras) non me
parece unha maneira apropiada de coidar o río e de manter o vínculo entre o río
e as persoas. É unha opinión absolutamente persoal, e discutible. Facer por que
as especies do río podan
pasar
polas presas (e hai medios técnicos para facelo) paréceme un modo factible de
recuperar o ecosistema e axudar a readquirir o factor emocional que sempre uniu
os ríos ás persoas. A xente do país do Bibei dependeu e viviu en boa parte del
e dos seus afluentes, coñeceunos e, na maioría dos casos, quíxoos.
Casares
e Porto estiveron sempre ligados pola propia esencia do hábitat e distribución
da troita. O hábitat está hoxe parcelado pola presencia de presas e esto ten un
impacto brutal sobre a especie. Tras sesenta anos de confinamento deste peixe
coas presas agora podemos confirmar iso, máis alá doutros factores ambientais,
como unha pesca máis intensiva ou maior contaminación, entre outros moitos.
Estes últimos factores son máis complicados de controlar mediante leis que se
podan facer cumplir con eficacia e eficiencia. Poñer remontes nas presas para
volver a comunicar todo o río Bibei é eficaz ao 100%, fácil de comprobar. Ao
pouco de que se poñan, comezará un proceso lento pero imparable de recuperación
do hábitat da troita, xunto coa do ecosistema e das especies (moitas,
moitísimas) que se viron afectadas tamén. Ao mesmo tempo, facilitará a relación
entre as persoas e os ríos, que se podería incrementar mediante actividades ao
estilo das que se fan en América e nalgúns países de Europa para que o diñeiro
que saia dos ríos fortaleza un vínculo, menos romántico, entre as persoas e os
ríos. Desde logo, se protexer un río deriva en deixalo no abandono a protección
non é tal. Os que vivimos na España que foi sendo abandonada pola marcha da
xente ás cidades para mellorar a súa calidade de vida (a, no meu parecer, mal
chamada “España vaciada” ou “España que vaciaron”) comprobamos como testemuñas
que o monte que acaba non sendo de ninguén ou que perde valor (económico ou
social) queda desprotexido. Recuperar a troita, en resumo, é tamén unha medida
proactiva de futuro social nunha parte de España.
Igual que en Casares, o río e o clima determinan a idiosincrasia en Porto. O Bibei en Porto ten pouco que ver co río de Casares. O relevo, a hidrogrografía, o clima, as especies, etc son moi distintas, o cal se traduce en diferenzas tradicionais nos costumes, oficios, materiais de construcción, prendas de vestir, formas de vida e aproveitamento do río. De Casares a Porto a variedade é tan grande que fai do Bibei un dos ríos con máis riqueza natural e histórica de todos os ríos da Península Ibérica.
Así pois,
ver unha troita en Porto fai pensar en Casares. Lémbranos que o río é todo un,
que hai un pobo precioso chamado Casares de viñas, sobreiras, olivos e
figueiras debuxado por debaixo do lenzo das espectaculares vistas dos
mananciais do Bibei que xorden nas lagoas da zona de Trevinca e a Segundera.
Xunto a Casares, o veciño pobo dos Anguieiros remite a mente ao Oceano
Atlántico polo mero feito de que antes as anguías se movían libremente desde
Casares ata a desembocadura do río Miño na Guarda.
En
sentido contrario, estando en Casares en épocas de crecida, non é difícil
trasladarnos coa mente ás fontes do Bibei, do Navea, do Conso, do Camba e do
Xares. Hai pouco aparecían neste blog algunhas imaxes que mostraban a chegada á
actual balsa do encoro de Montefurado das augas dun desxeo de finais do outono,
tras un frente de sur que deixou choivas que provocaron enormes regueiros de
auga. No campo da feira de Porto, onde o Bibei non deixa de ser case algo máis
que un regato, o río baixou durante unha hora con máis de 120 toneladas de auga
cada segundo, o 11 de decembro.
Noutras
palabras, o que aconteceu foi unha riada de medio millón de toneladas de auga
nunha hora. Iso na cabeceira do río. Setenta e cinco kilómetros despois, por
Casares, o Bibei, de estar virxe e pasado un tempo, podería chegar a ter
multiplicado o seu caudal ata por quince.
Otra historia muy distinta que nos ha mantenido ocupados y que también contamos en este blog es la de Manuel y su hermano Gumersindo, aquellos casareños emigrados a Argentina en 1908 y cuyos familiares contactaron con nosotros para saber si tenían en el pueblo algún pariente. Después de consultar partidas de nacimiento y defunción, de preguntar a vecinos, de encontrar en el cementerio de Peites un trozo de la lápida de los padres de Manuel y Gumersindo y tener la sospecha de que la tumba hallada por casualidad a nombre de Amalia Rguez. Fdez. podría ser la hermana de ellos, podemos afirmar que sí eran hermanos: Amalia Rguez. era la madre de Otilia, Josefa (fallecida), José (emigrado a Brasil) y Sindo (padre de Miguel, Jose Mari y Marisol-casa de “los de Madrid”). Lo sorprendente de todo esto es que ninguno conocía la existencia de los otros: ni Manuel ni Gumersindo habían hablado en Argentina que tenían una hermana en Casares ni Amalia mencionó que tenía dos hermanos en Argentina. Así que pusimos en contacto a ambas familias separadas por la historia no contada y por un inmenso océano, esperando que sirva para cerrar algunas interrogantes y puedan nacer lazos perdidos en el tiempo y marcados por la triste emigración. Graciñas a Leti y Dani (desde Argentina) y a Marisol (desde España).
FOTO DE MANUEL RGUE. FDEZ., CASAREÑO QUE EMIGRÓ A ARGENTINA EN 1908 (FOTO FACILITADA POR LA FAMILIA DE ARGENTINA). |
BARCO EL QUE EMIGRARON MANUEL Y GUMERSINDO EN 1908 JUNTO CON TANTOS OTROS (INFORMACIÓN FACILITADA POR LETI). |
INFORMACIÓN SOBRE EL VIAJE DE MANUEL Y GUMERSINDO (INFORMACIÓN FACILITADA POR LETI). |
UN TROZO DE LA LÁPIDA DE LOS PADRES DE MANUEL Y GUMERSINDO ENCONTRADA EN EL CEMENTERIO DE PEITES. NOVIEMBRE 2019. |
LÁPIDA DE TIRSO RGUEZ. Y RAMONA FDEZ. EN EL CEMENTERIO DE PEITES. NOVIEMBRAE 2019. |
CEMENTERIO DE PEITES. AL FONDO LA LÁPIDA DE LOS PADRES DE MANUEL, GUMERSINDO Y AMALIA. NOVIEMBRE 2019. |
TUMBA ENCONTRA POR CASUALIDAD DE AMALIA, HERMANA DE MANUEL Y GUMERSINDO, CEMENTERIO DE PEITES. NOVIEMBRE 2019. |
TRES GENERACIONES: HIJO, NIETO Y BISNIETO DE MANUEL (EMIGRADO A ARGENTINA DESDE CASARES EN 1908): ANÍBAL, ANÍBAL DANIEL Y ANDRÉS. FOTO FACILITADA POR LETI. |
NOTICIAS:
-AS MANIFESTACIÓNS DOS VECIÑOS E MÁIS DE CATRO MIL
SINATURAS POLO TRANSPORTE ESCOLAR DO COUREL PARALIZAN A LICITACIÓN DA XUNTA:
-LA ESTACIÓN DE MANZANEDA SIGUE CERRADA:
https://somoscomarca.es/los-vecinos-estan-disgustados-por-el-cierre-de-la-estacion/
https://somoscomarca.es/solo-veo-oscurantismo-caciquismo-y-que-van-a-abocar-manzaneda-al-cierre/
-EL SUR DE LUGO BAJA POR PRIMERA VEZ DE 50.000 HABITANTES.
-PROMOCIÓN DO CAMIÑO DE INVERNO.
-AXUDAS PARA OS ESTUDANTES DE QUIROGA QUE ESTÁN FORA.
-CONVOCADAS AS AXUDAS PARA PREVER ATAQUES DA FAUNA SILVESTRE.
ACTIVIDADES:
-SENDEIRISMO INVERNAL CON RAQUETAS DE NEVE EN TREVINCA PARA ESTE FIN DE SEMANA.
-RUTA AMBIENTAL-POÉTICA UXÍO NOVONEYRA EN MOREDA (O COUREL) O 23 DE XANEIRO.