LUME (fuego, foc, sua, fire):
1 Luz e calor producidas polas chamas que se desprenden dunha materia que arde. O descubrimento do lume. Pon a comida ao lume.
GAIVOTA (gaviota, gavina, kaio, seagull): ave de plumas brancas e grises, con pico longo e curvo, que vive na beira do mar e ten patas en forma de palma, apropiadas para nadar. Aínda que últimamente pódese ver tamén no interior (sobre todo cerca dos vertedoiros), segue sendo unha compañeira inseparable e fonte de inspiración para escritores. Nos tellados, nas rochas, nos barcos, sempre verás una figura branca e erguida, a nosa gaivota.
NÉBOA (niebla, boira, behe laino, fog) : nube grande que se forma a pouca altura do chan e impide a visibilidade. Outros sinónimos: brétema, bruma, neboeiro.
Como sabedes, en Galicia/Galiza e tamén no noso Casares hai abundancia da néboa, que tanto temen os mariñeiros. Aquí vai un exemplo dela, nun día de outono en Casares.
Ahí vai a segunda palabra, tamén moi bonita.
OUTONO (otoño, tardor, udazken, autumn): época do ano que vai desde o 21 de setembro ata o 21 de decembro. Tamén no diccionario di que é o período da vida en que as persoas adultas se aproximan á vellez. A mín o outono sempre me produciu tristura, polo final do verán, por volver á rutina, por deixar o pobo. Pero a paixase está moi fermosa, os árbores amarelos, a néboa ... Remata outro outono máis.
O APALPADOR (Papa Noel, Caga Tió, Olentzero, Santa Claus): O Apalpador é un personaxe mítico galego que baixa polo Nadal a levarlles os agasallos aos nenos. Entra de noite nos seus cuartos cando están durmidos e apálpalles a barriguiña por ver se están mantidos e déixalles, ademais dos xoguetes, unha presa de castañas.
CANCIÓN TRADICIONAL:
|
|
PAISAXE (Paisaje, Paisatge, Paisaia,Landscape.) terreo que se ve desde un lugar. Pintura, debuxo ou fotografía que representa unha vista da natureza.
A verdade e que a definición do diccionario non reflexa o que realmente nos pode facer sentir unha bonita paisaxe. Eique van unhas fotos de diferentes paisaxes de Casares.
ENTROIDO/ANTROIDO( Carnaval, Carnestoltes, Ihauterietako, Carnival): Os tres días anteriores ó mércores de cinza. Festa popular que se celebra nestes días, en que se usan disfraces e máscaras e hai bailes e comparsas. En Galicia existe o triángulo máxico do Entroido: Laza-Xinxo-Verín (todos na provincia de Ourense). Tivemos a ocasión de ir a Verín e Laza, que contaremos a semana que ven.