martes, 17 de julio de 2012

DE VUELTA, FIESTAS Y ANDAINA.

Hola a todos, después de unos días de vacaciones ya estamos aquí de nuevo, con muchas cosas que contaros, pero con poco tiempo por ahora.
Bueno lo primero y principal es hablaros de los dos acontecimientos que tendrán lugar dentro de poco por nuestra zona y que son lo mas inmediatamente interesante:
Las fiestas de A Magdalena en  ANGUIEIROS y la andaina de MONTEFURADO.
Seguidamente os dejamos información sobre ellos y en breve prometemos hacer una entrada para contaros las vacaciones pasadas en CASARES. Un saludo y hasta pronto.
P.D. ESPERAMOS QUE MUCHOS CASAREÑOS DE SUMEN A LA FIESTA DE ANGUIEIROS Y A LA ANDAINA DE MONTEFURADO, ANIMO, NOS VEMOS POR ALLÍ.




CAMIÑADA POPULAR



ANGUIEIROS-BOCA DO MONTE – PEITES-ANGUIEIROS


Foto: Lois Rúa


ORGANIZA: ASOCIACIÓN SOCIOCULTURAL BOCA DO MONTE
(OS ANGUIEIROS)


A camiñada popular deste ano terá lugar o sábado 21 de xullo e pretende dar a coñecer algunha das pegadas máis importantes dos romanos na contorna e a importancia que chegou a ter o cultivo da oliveira noutros tempos. Proba do potencial aceiteiro de Anguieiros é lembrar que tivo dous muíños funcionando nos mellores tempos. Hoxe en día, só un deles se atopa en bo estado de conservación.

Ten un percorrido duns 8 quilómetros, transcorre por camiños populares, sendeiros e tamén por tramos de estrada asfaltada. A dificultade é media-baixa. Ruta circular con saída e chegada no lugar dos Anguieiros, concretamente no lugar de entrada coñecido co topónimo do “Portaleiro”. Saída ás 18.00 h. e chegada aproximada ás 21.00 h.

O Portaleiro era como a antiga “ágora” do pobo, un lugar de reunión. Ten a peculiaridade engadida de que antigamente alí a xente xogaba aos bolos celtas. Atravesamos a aldea pola rúa principal ata chegarmos á Capela e ao lugar coñecido como “Tras da Eirexa”. Seguidamente comezamos a saír da aldea e atravesamos un souto coñecido como “O Tumbeiro” que dá paso a “A Curiza” e a outras dúas zonas denominadas “O Couso” e “O Real” (antigas leiras de cultivo de cereais, oliveiras e viñas). Agora o que atopamos a carón do camiño é exclusivamente monte, vexetación baixa: moita xesta ( Genista scoparia L.), carrasco ( Quercusrotundifolius L. ), brezos ( xéneroErica ), jaras ( Cistusladanifer ) e outros matorrais. Abandoamos esta zona de monte baixo e chegamos a un lugar máis sombrío chamado “O Arroio” onde podemos admirar o que é en tempos de caudal alto una pequena fervenza que provén dun regato que baixa dende Sexmil e a Enciñeira.

Subimos cara a pista de terra que conduce a Vilanuide pero no canto de dirixirnos cara alí collemos para a esquerda. O noso camiño vai deixando á esquerda “O canal” (canle de auga que transporta auga dende a Presa de San Martiño ata a Présa de Montefurado) e á dereita a antiga canle do río Sil que quedou desligada deste por mor dos romanos que perforaron a montaña formando a boca do monte, a nosa xoia arquitectónica e cultural romana da zona.
Seguimos camiñando sempre co antigo canle do Sil á nosa dereita, canle que agora forma unhas charcas invadidas pola vexetación e especies animais típicas de hábitats coma este. A un quilómetro aproximadamente chegamos a una estrada asfaltada que dá servizo aos núcleos da zona e que foi feita por Iberduero no seu día. Alí temos xa o antigo poboado de Iberduero, agora coñecido como “Os Covallos” e convertido en urbanización privada. Antigamente este poboado foron terras de veciños dos Anguieiros, hortas e terreos de cereais principalmente. Dende alí podemos ollar en primeiro plano a “Boca do Monte”, furado histórico construído polos romanos.
O noso seguinte punto de interese será a presa do Bibei, que tanta importancia tivo para a economía da zona. Alí vemos o canón da Bibei, río que foi testemuño no seu día (cando se cruzaba o río en barcas) dun importante naufraxio no que perderon a vida moitos veciños de Anguieiros. Deixando atrás a presa, comezamos a ascender, ata chegar á aldea de Peites, onde se poderá observar o paso dos romanos na busca de ouro e modelado que fixeron na paisaxe e que perdurou a través do tempo. Alí pararemos a ver os vestixios documentados para despois desandar o noso camiño dirección á presa de Montefurado onde colleremos un atallo ascendente ata enlazar cun camiño que daba servizo ás fincas dos veciños de Anguieiros.


As vistas son fermosas pois vemos dende a altura como se xunta o Bibei co Sil, vemos a N-120, Figueiredo, O Ibedo, o canón do Bibei e a ladeira de oliveiras que tanto aceite proporcionaron aos Anguieiros. Este tramo é o peor conservado pois xa se perdeu o camiño orixinal e hai o espazo xusto para pasar en fila india. Uns metros máis arriba xa enlazamos co camiño máis coidado, que en liña recta nos levará ao punto de partida da camiñada e dende o que veremos a N-120 ao seu paso polo túnel, Os Covallos, a Boca do Monte dende outra perspectiva e incluso Montefurado ao fondo. Atravesamos monte baixo, terras de moitas oliveiras e soutos ata chegar á parte baixa do “Castrillón”, Castro de Anguieiros, lugar de vista privilexiada, catalogado no arquivo de Quiroga e probablemente o asentamento castrexo máis importante da zona. 




                               1ª ANDAINA DE MONTEFURADO (QUIROGA)


ANIMAMOS A TODOS A PARTICIPAR Y A DISFRUTAR DE ESTOS GRANDES EVENTOS.

GENTE QUE NOS VISITA.

 A veces las redes sociales sirven para algo y el caso que os vamos a contar no nos deja de sorprender. Hace unas semanas recibimos unos men...