Bueno lo primero y principal es hablaros de los dos acontecimientos que tendrán lugar dentro de poco por nuestra zona y que son lo mas inmediatamente interesante:
Las fiestas de A Magdalena en ANGUIEIROS y la andaina de MONTEFURADO.
Seguidamente os dejamos información sobre ellos y en breve prometemos hacer una entrada para contaros las vacaciones pasadas en CASARES. Un saludo y hasta pronto.
P.D. ESPERAMOS QUE MUCHOS CASAREÑOS DE SUMEN A LA FIESTA DE ANGUIEIROS Y A LA ANDAINA DE MONTEFURADO, ANIMO, NOS VEMOS POR ALLÍ.
CAMIÑADA
POPULAR
ANGUIEIROS-BOCA
DO MONTE – PEITES-ANGUIEIROS
Foto:
Lois Rúa
ORGANIZA:
ASOCIACIÓN SOCIOCULTURAL BOCA DO MONTE
(OS
ANGUIEIROS)
A camiñada popular
deste ano terá lugar o sábado
21 de xullo
e pretende dar a coñecer algunha das pegadas máis importantes dos
romanos na contorna e a importancia que chegou a ter o cultivo da
oliveira noutros tempos. Proba do potencial aceiteiro de Anguieiros é
lembrar que tivo dous muíños funcionando nos mellores tempos. Hoxe
en día, só un deles se atopa en bo estado de conservación.
Ten
un percorrido duns 8 quilómetros, transcorre por camiños populares,
sendeiros e tamén por tramos de estrada asfaltada. A dificultade é
media-baixa. Ruta circular con saída e chegada no lugar dos
Anguieiros, concretamente no lugar de entrada coñecido co topónimo
do “Portaleiro”. Saída
ás 18.00 h. e chegada aproximada ás 21.00 h.
O
Portaleiro era como a antiga “ágora” do pobo, un lugar de
reunión. Ten a peculiaridade engadida de que antigamente alí a
xente xogaba aos bolos celtas. Atravesamos a aldea pola rúa
principal ata chegarmos á Capela e ao lugar coñecido como “Tras
da Eirexa”. Seguidamente comezamos a saír da aldea e atravesamos
un souto coñecido como “O Tumbeiro” que dá paso a “A Curiza”
e a outras dúas zonas denominadas “O Couso” e “O Real”
(antigas leiras de cultivo de cereais, oliveiras e viñas). Agora o
que atopamos a carón do camiño é exclusivamente monte, vexetación
baixa: moita xesta ( Genista
scoparia L.),
carrasco ( Quercusrotundifolius
L. ),
brezos ( xéneroErica
),
jaras ( Cistusladanifer
) e outros matorrais. Abandoamos esta zona de monte baixo e chegamos
a un lugar máis sombrío chamado “O Arroio” onde podemos admirar
o que é en tempos de caudal alto una pequena fervenza que provén
dun regato que baixa dende Sexmil e a Enciñeira.
Subimos
cara a pista de terra que conduce a Vilanuide pero no canto de
dirixirnos cara alí collemos para a esquerda. O noso camiño vai
deixando á esquerda “O canal” (canle de auga que transporta auga
dende a Presa de San Martiño ata a Présa de Montefurado) e á
dereita a antiga canle do río Sil que quedou desligada deste por mor
dos romanos que perforaron a montaña formando a boca do monte, a
nosa xoia arquitectónica e cultural romana da zona.
Seguimos
camiñando sempre co antigo canle do Sil á nosa dereita, canle que
agora forma unhas charcas invadidas pola vexetación e especies
animais típicas de hábitats coma este. A un quilómetro
aproximadamente chegamos a una estrada asfaltada que dá servizo aos
núcleos da zona e que foi feita por Iberduero no seu día. Alí
temos xa o antigo poboado de Iberduero, agora coñecido como “Os
Covallos”
e convertido en urbanización privada. Antigamente este poboado foron
terras de veciños dos Anguieiros, hortas e terreos de cereais
principalmente. Dende alí podemos ollar en primeiro plano a “Boca
do Monte”, furado histórico construído polos romanos.
O
noso seguinte punto de interese será a presa do Bibei, que tanta
importancia tivo para a economía da zona. Alí vemos o canón
da Bibei,
río que foi testemuño no seu día (cando se cruzaba o río en
barcas) dun importante naufraxio no que perderon a vida moitos
veciños de Anguieiros. Deixando atrás a presa, comezamos a
ascender, ata chegar á aldea de Peites,
onde se poderá observar o paso
dos romanos na busca de ouro e modelado que fixeron na paisaxe
e que perdurou a través do tempo. Alí pararemos a ver os vestixios
documentados para despois desandar o noso camiño dirección á presa
de Montefurado onde colleremos un atallo ascendente ata enlazar cun
camiño que daba servizo ás fincas dos veciños de Anguieiros.
As
vistas son fermosas pois vemos dende a altura como se xunta o Bibei
co Sil, vemos a N-120, Figueiredo, O Ibedo, o canón do Bibei e a
ladeira
de oliveiras
que tanto aceite proporcionaron aos Anguieiros. Este tramo é o peor
conservado pois xa se perdeu o camiño orixinal e hai o espazo xusto
para pasar en fila india. Uns metros máis arriba xa enlazamos co
camiño máis coidado, que en liña recta nos levará ao punto de
partida da camiñada e dende o que veremos a N-120 ao seu paso polo
túnel, Os Covallos, a Boca do Monte dende outra perspectiva e
incluso Montefurado ao fondo. Atravesamos monte baixo,
terras de moitas oliveiras
e soutos ata chegar á parte baixa do “Castrillón”,
Castro de Anguieiros,
lugar de vista privilexiada, catalogado no arquivo de Quiroga e
probablemente o asentamento castrexo máis importante da zona.
1ª ANDAINA DE MONTEFURADO (QUIROGA)
ANIMAMOS A TODOS A PARTICIPAR Y A DISFRUTAR DE ESTOS GRANDES EVENTOS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario