jueves, 14 de enero de 2021

HISTORIAS.

Os seguimos dejando la historia “CASARES E O BIBEI” que nos ha facilitado el profesor y escritor Jose María Pérez, continuación de la primera parte que publicamos en este blog la semana pasada:

“Vivimos nunha época onde a xente estamos, máis e máis, desconectada da natureza polo noso modo de vida. Expulsar á xente do río dificultando ou eliminando actividades tradicionais no mesmo (limpeza ou pesca, entre outras) non me parece unha maneira apropiada de coidar o río e de manter o vínculo entre o río e as persoas. É unha opinión absolutamente persoal, e discutible. Facer por que as especies do río podan

pasar polas presas (e hai medios técnicos para facelo) paréceme un modo factible de recuperar o ecosistema e axudar a readquirir o factor emocional que sempre uniu os ríos ás persoas. A xente do país do Bibei dependeu e viviu en boa parte del e dos seus afluentes, coñeceunos e, na maioría dos casos, quíxoos.

Casares e Porto estiveron sempre ligados pola propia esencia do hábitat e distribución da troita. O hábitat está hoxe parcelado pola presencia de presas e esto ten un impacto brutal sobre a especie. Tras sesenta anos de confinamento deste peixe coas presas agora podemos confirmar iso, máis alá doutros factores ambientais, como unha pesca máis intensiva ou maior contaminación, entre outros moitos. Estes últimos factores son máis complicados de controlar mediante leis que se podan facer cumplir con eficacia e eficiencia. Poñer remontes nas presas para volver a comunicar todo o río Bibei é eficaz ao 100%, fácil de comprobar. Ao pouco de que se poñan, comezará un proceso lento pero imparable de recuperación do hábitat da troita, xunto coa do ecosistema e das especies (moitas, moitísimas) que se viron afectadas tamén. Ao mesmo tempo, facilitará a relación entre as persoas e os ríos, que se podería incrementar mediante actividades ao estilo das que se fan en América e nalgúns países de Europa para que o diñeiro que saia dos ríos fortaleza un vínculo, menos romántico, entre as persoas e os ríos. Desde logo, se protexer un río deriva en deixalo no abandono a protección non é tal. Os que vivimos na España que foi sendo abandonada pola marcha da xente ás cidades para mellorar a súa calidade de vida (a, no meu parecer, mal chamada “España vaciada” ou “España que vaciaron”) comprobamos como testemuñas que o monte que acaba non sendo de ninguén ou que perde valor (económico ou social) queda desprotexido. Recuperar a troita, en resumo, é tamén unha medida proactiva de futuro social nunha parte de España.

Igual que en Casares, o río e o clima determinan a idiosincrasia en Porto. O Bibei en Porto ten pouco que ver co río de Casares. O relevo, a hidrogrografía, o clima, as especies, etc son moi distintas, o cal se traduce en diferenzas tradicionais nos costumes, oficios, materiais de construcción, prendas de vestir, formas de vida e aproveitamento do río. De Casares a Porto a variedade é tan grande que fai do Bibei un dos ríos con máis riqueza natural e histórica de todos os ríos da Península Ibérica.

Así pois, ver unha troita en Porto fai pensar en Casares. Lémbranos que o río é todo un, que hai un pobo precioso chamado Casares de viñas, sobreiras, olivos e figueiras debuxado por debaixo do lenzo das espectaculares vistas dos mananciais do Bibei que xorden nas lagoas da zona de Trevinca e a Segundera. Xunto a Casares, o veciño pobo dos Anguieiros remite a mente ao Oceano Atlántico polo mero feito de que antes as anguías se movían libremente desde Casares ata a desembocadura do río Miño na Guarda.

En sentido contrario, estando en Casares en épocas de crecida, non é difícil trasladarnos coa mente ás fontes do Bibei, do Navea, do Conso, do Camba e do Xares. Hai pouco aparecían neste blog algunhas imaxes que mostraban a chegada á actual balsa do encoro de Montefurado das augas dun desxeo de finais do outono, tras un frente de sur que deixou choivas que provocaron enormes regueiros de auga. No campo da feira de Porto, onde o Bibei non deixa de ser case algo máis que un regato, o río baixou durante unha hora con máis de 120 toneladas de auga cada segundo, o 11 de decembro.

Noutras palabras, o que aconteceu foi unha riada de medio millón de toneladas de auga nunha hora. Iso na cabeceira do río. Setenta e cinco kilómetros despois, por Casares, o Bibei, de estar virxe e pasado un tempo, podería chegar a ter multiplicado o seu caudal ata por quince.


A subida das temperaturas xunto coa choiva asociada a un frente cálido procedente do Atlántico provocou despois da ponte da Constitución unha espectacular medra do Bibei que se pode ver neste gráfico da web da Confederación Hidrográfica Miño-Sil" (CONTINUARÁ).


Otra historia muy distinta que nos ha mantenido ocupados y que también contamos en este blog es la de Manuel y su hermano Gumersindo, aquellos casareños emigrados a Argentina en 1908 y cuyos familiares contactaron con nosotros para saber si tenían en el pueblo algún pariente. Después de consultar partidas de nacimiento y defunción, de preguntar a vecinos, de encontrar en el cementerio de Peites un trozo de la lápida de los padres de Manuel y Gumersindo y tener la sospecha de que la tumba hallada por casualidad a nombre de Amalia Rguez. Fdez. podría ser la hermana de ellos, podemos afirmar que sí eran hermanos: Amalia Rguez. era la madre de Otilia, Josefa (fallecida), José (emigrado a Brasil) y Sindo (padre de Miguel, Jose Mari y Marisol-casa de “los de Madrid”). Lo sorprendente de todo esto es que ninguno conocía la existencia de los otros: ni Manuel ni Gumersindo habían hablado en Argentina que tenían una hermana en Casares ni Amalia mencionó que tenía dos hermanos en Argentina. Así que pusimos en contacto a ambas familias separadas por la historia no contada y por un inmenso océano, esperando que sirva para cerrar algunas interrogantes y puedan nacer lazos perdidos en el tiempo y marcados por la triste emigración. Graciñas a Leti y Dani (desde Argentina) y a Marisol (desde España).

FOTO DE MANUEL RGUE. FDEZ., CASAREÑO
QUE EMIGRÓ A ARGENTINA EN 1908 (FOTO FACILITADA
POR LA FAMILIA DE ARGENTINA).

BARCO EL QUE EMIGRARON MANUEL Y GUMERSINDO
EN 1908 JUNTO CON TANTOS OTROS (INFORMACIÓN FACILITADA 
POR LETI).

INFORMACIÓN SOBRE EL VIAJE 
DE MANUEL Y GUMERSINDO (INFORMACIÓN 
FACILITADA POR LETI).

UN TROZO DE LA LÁPIDA DE LOS PADRES DE MANUEL
Y GUMERSINDO ENCONTRADA EN EL 
CEMENTERIO DE PEITES. NOVIEMBRE 2019.

LÁPIDA DE TIRSO RGUEZ. Y RAMONA FDEZ. EN 
EL CEMENTERIO DE PEITES. NOVIEMBRAE 2019.

CEMENTERIO DE PEITES.
AL FONDO LA LÁPIDA DE LOS 
PADRES DE MANUEL, GUMERSINDO
Y AMALIA. NOVIEMBRE 2019.

TUMBA ENCONTRA POR
CASUALIDAD DE AMALIA, HERMANA DE 
MANUEL Y GUMERSINDO, 
CEMENTERIO DE PEITES.
NOVIEMBRE 2019.

TRES GENERACIONES: HIJO, NIETO Y BISNIETO DE MANUEL
(EMIGRADO A ARGENTINA DESDE CASARES EN 1908):
ANÍBAL, ANÍBAL DANIEL Y ANDRÉS.
FOTO FACILITADA POR LETI.

NOTICIAS:

-AS MANIFESTACIÓNS DOS VECIÑOS E MÁIS DE CATRO MIL SINATURAS POLO TRANSPORTE ESCOLAR DO COUREL PARALIZAN A LICITACIÓN DA XUNTA:

https://praza.gal/movementos-sociais/a-loita-polo-transporte-escolar-no-courel-estende-no-rural-as-queixas-polo-desmantelamento-de-servizos

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/folgoso-do-courel/2021/01/11/educacion-paraliza-licitacion-rutas-transporte-escolar/00031610383879567825732.htm

http://xornaldelemos.gal/sociedade/27263-os-nenos-do-courel-volven-a-clase-mentres-se-sigue-demandando-un-transporte-escolar-de-calidade/


-LA ESTACIÓN DE MANZANEDA SIGUE CERRADA:

https://somoscomarca.es/los-vecinos-estan-disgustados-por-el-cierre-de-la-estacion/

https://somoscomarca.es/solo-veo-oscurantismo-caciquismo-y-que-van-a-abocar-manzaneda-al-cierre/


-EL SUR DE LUGO BAJA POR PRIMERA VEZ DE 50.000 HABITANTES.

-PROMOCIÓN DO CAMIÑO DE INVERNO.

-AXUDAS PARA OS ESTUDANTES DE QUIROGA QUE ESTÁN FORA.

-PRESÉNTASE A GUÍA DE ÁRBORAES E FORMACIÓNS SINGULARES DA RIBEIRA SACRA E XEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL.

-CONVOCADAS AS AXUDAS PARA PREVER ATAQUES DA FAUNA SILVESTRE.


ACTIVIDADES:

-SENDEIRISMO INVERNAL CON RAQUETAS DE NEVE EN TREVINCA PARA ESTE FIN DE SEMANA.


-RUTA AMBIENTAL-POÉTICA UXÍO NOVONEYRA EN MOREDA (O COUREL) O 23 DE XANEIRO. 

 


 

miércoles, 6 de enero de 2021

NAVIDADES, DERRUMBAMIENTO Y UNA COLABORACIÓN MUY ESPECIAL.

Estas navidades tan raras vinieron cargadas de frío y lluvia. Nos habíamos acostumbrado al buen tiempo porque hay que decir que hasta principios de diciembre no nos pudimos quejar. Ahora la lluvia no nos ha dado tregua y hasta la nieve ha hecho acto de presencia muy cerquita de aquí, dejando unos paisajes aún más espectaculares.

CASARES E O RÍO BIBEI COA NEVE Ó FONDO. XANEIRO 2021.

       O POBLADO (OS COVALLOS) E AS MONTAÑAS
NEVADAS. XANEIRO 2021.

A ERMITA DE CASARES ILUMINADA. 
DECEMBRO 2020.

A CASA DE RAÚL E EDNA. CASARES, NADAL 2020.

O APALPADOR DEIXOU AGASALLOS E CASTAÑAS
NA NOSA CASA. CASARES, DECEMBRO 2020.

O BELÉN NA CASA DA MIÑA NAI. CASARES, NADAL 2020.

A NOSA CASA. CASARES, NADAL 2020.

NÓS NAS TUBERIAS DO
ENCORO DE PONTENOVO. 
DECEMBRO 2020.

ENCORO DE MONTEFURADO NO RÍO BIBEI. CASARES, 
XANEIRO 2021.

MONTEFURADO COA NEVE Ó LADO. XANEIRO 2021.

OS REIS MAGOS TROUXERON, ENTRE OUTRAS COUSAS, 
ALGO MOI ESPECIAL PARA LAURA. XANEIRO 2021.

El año se despidió con un pequeño susto. En la tarde del 31 y media hora después de que pasáramos nosotros, una casa se derrumbó en uno de los caminos del pueblo. Estábamos en casa y el estruendo fue tal que Laura pensó que era la nuestra la que se  nos caía encima. Avisamos de lo sucedido a uno de los dueños aunque hace algún tiempo ya se había desprendido alguna parte de la terraza de esa misma casa. Estamos diciendo que cualquier día pasará una desgracia y entonces nos lamentaremos, no somos capaces de concienciarnos de tener nuestras casas ya no arregladas (que sería lo suyo) pero por lo menos que no se caigan o proceder a su derribo. Ya dimos cuenta muchas veces al concello de esta problemática y la solución que nos dieron era denunciar a los propietarios de las mismas. La gente no vende aunque tampoco se quieren comprar ni rehabilitar esas mismas casas. Algo habrá que hacer antes de que ocurra algo más grave.

DERRUMBAMENTO NO CAMIÑO, FOTO FEITE DENDE 
A NOSA CASA. CASARES, 1 DE XANEIRO 2021.

QUÉ SUSTO LEVAMOS. 
CASARES, 1 DE XANEIRO 2021.

Si anteriormente Jose Luis (de Vilanuide) nos acercó la leyenda del caballero Roldán, en esta ocasión tenemos la suerte de contar con otra colaboración muy especial. Se trata de José María Pérez, profesor en el IES Carlos Casares de Viana do Bolo (además de ingeniero y escritor), que hace poco nos dejó para Casares un ejemplar de su primer libro “La Fuerza de Nuetros Ríos“  y que tiene entre manos un segundo libro que esperamos ver publicado este mismo año (si el covid no fastidia aún más). Ahora nos deja un interesante escrito titulado “CASARES E O BIBEI”, acompañado con fotografías y mapas cartográficos. Nos ha gustado mucho y os lo vamos dejando por capítulos para que descubráis la historia tan desconocida de “nuestro río” y un sentimiento por este lugar que tantos compartimos. Esperamos que os guste y muchísimas gracias a José María (aunque no se lo crea, sí es escritor).

"CASARES E O BIBEI"

Casares, dá igual por onde se mire, é un lugar máxico, alén da súa beleza e representatividade das terras baixas do Bibei. Aínda que pertenza á parroquia de Peites no eclesiástico e a Ribas de Sil no administrativo, a raia que fai fronteira entre Ourense e Lugo (entre Trives e Ribas) segue pasando polo medio de Casares.

Detalle do mapa cartográfico do Instituto Geográfico Nacional coa actual divisoria entre as provincias de Ourense e Lugo.

Como última localidade antes de que o Bibei se xunte ao Sil, Casares é depositaria das augas deste formidable río e das dos seus catro grandes afluentes: o Camba, o Conso, o Xares e o Navea. Cada un destes catro ríos tributarios alberga unha historia propia e extraordinaria, que só Casares pode testemuñar unha vez que as augas mestas do Bibei conteñen a esencia e os segredos dos catro ríos e do que estes vertebran e representan.

Desde o ano 1954 as augas do Bibei en Casares fican remansadas pola presa de Montefurado, permanecendo unha fotografía do río que cambia pouco co paso das estacións. Todas as presas que se fixeron na cunca do Bibei roubaron desde entón as paisaxes antigas do río, diversas e estacionais, as que ían desde o paso tranquilo pola Balsada na longa estiaxe ata as das colosais crecidas nos desxeos das serras que alimentan de auga ao Bibei.

O río Navea é o último dos afluentes importantes do Bibei e xúntase con este moi cerca de Casares. Á esquerda obsérvase que cando se funden as neves da zona da Edreira o Navea toma unha cor especial, o que lle dan os minerais que arrastra desde a Cabeza das Fontes do Camba, do Arnoia e do Navea. Este discorre suavemente ata Celeiros. No seu curso baixo o Navea precipítase en dirección a Casares por debaixo das Penas de Rome polo paso do Brollón, preto da desembocadura. O Navea crecido cae a broullo baixo Rome e produce un gran estrondo cando leva moito caudal.

Falando coa xente de Porto, a capital do alto Bibei, o pensamento diríxese a Casares moitas veces. Os máis vellos aínda falan alí dos seus anos mozos a da repoboación natural da troita que acontecía antes de haber barreiras no río en forma de enormes muros, retorno da troita que impresionaba naqueles anos despois dos envenenamentos masivos no curso alto do Bibei. Existía, e pervive, a crenza tradicional de que as troitas de Porto viñan do Sil. Non podo aseverar que houbera un tránsito constante antes da construcción da primeira presa no río (a de Montefurado, despois viñeron todas as demais, ata 1963). Hai cascadas naturais en diversos tramos do río que poñen en dúbida esta idea, aínda que o remonte con caudais altos (e a baixada da troita duns tramos a outros) facía do Bibei un todo desde Casares ata o arroio que vén desde o lugar de Piatorta.

O Bibei ten unha das súas fontes principais nas lagoas de Piatorta, entre a Veiga e Porto, a 1900 metros de altitude e rodeado de prantas de xanzá (á esquerda vese unha das lagorzas de Piatorta en época de estío). Estes mananciais alimentan ao Tera (o río de Sanabria, que vai cara Benavente) e ao Bibei, que forma un enorme val en U (á dereita na imaxe) ata a altura da Presa de Pías, que separa Pías (Zamora) de Viana do Bolo (Ourense). As terras altas do Bibei son un dos últimos refuxios dos bosques de acivro e un lugar de trashumancia centenaria entre Extremadura, lugar de estancia do gando no inverno, e os portos do Bibei, con pastos extraordinarios incluso no verán ". CONTINUARÁ.

Y para empezar el año os dejamos el siguiente documental que trata sobre el problema de la despoblación, causas y soluciones. Ahora solo falta aplicarlas aunque sabemos que no interesa a casi nadie. Verlo y luego opináis.

BARBECHO. EN EL CORAZÓN DEL DESPOBLAMIENTO.

 NOTICIAS:

-UN DOCUMENTAL PARA CONTAR A HISTORIA DA GUERRILLA ANTIFRANQUISTA NA CIDADE DA SELVA.

-LOITA POLO MANTENEMENTO DO TRANSPORTE ESCOLAR NO COUREL.

-A ESTACIÓN DE MANZANEDA CON NEVE PERO PECHADA.

ACTIVIDADES:

-CINE EN O BARCO.



-PROGRAMACION DO CINECLUB GROUCHO MARX DE O BARCO PARA XANEIRO.

-ACTIVIDADES PROGRAMADAS PARA XANEIRO POR TERRAS ALTAS DE TREVINCA. 




jueves, 17 de diciembre de 2020

94 AÑOS, UN FOTÓGRAFO QUE SE NOS FUE Y UNA NAVIDAD DISTINTA.

El pasado 13 de diciembre Daniel cumplía 94 años. No es fácil llegar a esa edad y mucho menos estar como él, con la cabeza más lúcida que cualquiera de nosotros, un físico que le permite ir a caminar y plantar su huerto entre otras cosas, no perderse “el parte” como él le llama a las noticias de la tele y leer el periódico que a veces le acercamos. No ha sido fácil llegar hasta aquí, “unha vida chea de traballo”, como nos dijo su mujer, Idelisa, que con 88 años sigue su mismo camino. Duro trabajo en sus primeros 27 años en Casares, más trabajo en la emigración a Brasil durante cuarenta años y vuelta a su tierra hace ya más de veinte. Trabajo del de antes, que son palabras mayores: sin medios, sin descansos, sin derechos, sin seguridad social, sin cobrar... Como se dice coloquialmente, en tanto tiempo “las ha visto de todos los colores”, pudiendo contar con detalle sus recuerdos más amargos pero también los buenos, que los hubo. El domingo tuvimos la oportunidad de felicitarlo, bromear con firmar el mismo contrato que le ha permitido vivir tantos años y disfrutar, una vez más, de verlos juntos, de su compañía y sus charlas llenas de sabiduría e historia de vida  (aunque ahora sean a distancia y mucho más cortas).

DANIEL E IDELISA. QUEN CHEGARA COMA 
ELES. CASARES (FOTO FACILITADA POR EDNA).

DANIEL E IDELISA NO BRASIL, COA FAMILIA. 

DANIEL, A SUA MULLER E DOUS DOS SEUS
FILLOS NO BRASIL. DÉCADA DOS 50 (FOTO
FACILITADA POR DANIEL).

Y tenemos que lamentar la muerte de Carlos Díaz Gallego (A Hermida-Quiroga), que junto con su hija Susana, compartieron tantas fotos en su página "As fotos do Carlos". Ejerció la profesión de fotógrafo desde 1951 hasta 1962, cuando ya no pudo pagarse el nuevo material para revelar las fotos en color, emigrando a Francia donde se instalaría definitivamente. Su laboratorio de fotografía estuvo en Quiroga y desde allí nos dejó unas magníficas imágenes en las que supo plasmar una época, unos lugares y sus gentes que nos son tan cercanos a nosotros. Desde aquí un fuerte abrazo a la familia, siempre nos quedará su Fotografía para recordarnos de dónde venimos y lo que fuimos.

CARLOS DÍAZ FOTOGRAFIADO NO SALÓN
DE BAILE EN SAN CLODIO ENTRE 1958-1962.

FOTO DE CARLOS DÍAZ, COLA NO CINE
VILLAVERDE EN QUIROGA, ANO 1960.

FOTO DE CARLOS DÍAZ, TENDA EN TORBEO 1958. 
ACONSELLAMOS QUE VEADES A SÚA PÁXINA 
AS FOTOS DO CARLOS.

Por lo demás el fin de semana pasado el tiempo nos dio una tregua (sin lluvia ni frío). Enfrascados en el arreglo de la cantina, pudimos dar un paseo para ver la crecida del Sil a su paso por Os Covallos (El Poblado) y comprobar que el Bibei, en Casares, estaba totalmente marrón. La causa parece ser que fue la subida de las temperaturas por lo que la nieve caída en abundancia en las montañas hace un par de semanas se derritió rápidamente, además de las lluvias caídas en los últimos días que ya hicieron que los ríos fueran con bastante agua.



O BIBEI EN CASARES. A AUGA ERA MARRÓN (12/12/20).


TRABALLANDO NA CANTINA. CASARES, 13/12/20.

También nos dio tiempo de empezar a poner en casa los adornos de navidad y por primera vez iluminar con unas luces la ermita. ¿Qué recuerdos hay de la navidad en Casares? ¿Cómo se vivían antes estas fechas, con el pueblo lleno de gente?.

ACERCÁBASE O NADAL. ELISEO E MANUEL TAPANDO A 
CLEMENTE. OS PAVOS ERAN EMBORRACHADOS ANTES
DE MATALOS. CASARES (FOTO E INFORMACIÓN DE SINDA).

POÑENDO COUISAÑAS DO NADAL. A NOSA SOBRIÑA LÍA
E DIANA FIXÉRONNOS DOUS DEBUXOS PRECIOSOS EN
MADEIRA. CASARES, 12/12/20.

COUSIÑAS DO NADAL (ARTESANÍA DO CAUREL ESTÁ NA NOSA
CASA). CASARES, 12/12/20.

ALGUNHA LUCECIÑA NA CASA.
CASARES, 12/12/20.


AS LUCES QUE PUXEMOS NA ERMITA. CASARES, 12/12/20.

Os dejamos unas sugerencias para pedir vuestros regalos en los próximos días y que no les resulte muy costoso conseguirlos a O Apalpador, El Tió, Olentzero o Papá Noel (y más tarde los Reyes Magos). Así también ayudarán al pequeño comercio de la zona, como Librería Celia, Caurelor, Enxogate ou Deiki (Quiroga) o Artesanía do Caurel y Delicias do Souto de Folgoso. Pero podréis encontrar mucho más na Tenda do Xeoparque Montañas do Courel, para todos los gustos, edades y lugares.

Ya sabéis, podéis seguirnos en el Facebook CASARES ESTÁ VIVO pero lo mejor sigue siendo venir. FELIZ NAVIDAD A TOD@S aunque sean unas navidades distintas. Ante todo moito coidadiño.


ACTIVIDADES:

-COÑECE O CONCELLO DE QUIROGA A TRAVÉS DO OSO QUEIRUGO. 


-MONICREQUES PARA OS MÁIS PEQUENOS EN VILAMARTIN O 18 DE DECEMBRO. 


-TEATRO EN O BARCO O 18 DE DECEMBRO.



-CINE EN O BARCO PARA ESTE FIN DE SEMANA.


-SUBIDA A PENA TREVINCA (A VEIGA) NO MES DE DECEMBRO.


-ESPECTÁCULO DE CLOWN EN QUIROGA O 19 DE DECEMBRO. 

-MERCADILLO DE NADAL EN O BARCO OS DÍAS 19 E 20 DE DECEMBRO.


-TORNEO DE PÁDEL EN QUIROGA DO 26 Ó 29 DE DECEMBRO.


-NA PROCURA DO APALPADOR NA AULA DA NATUREZA DE MOREDA O 27 DE DECEMBRO.


NOTICIAS:

-A RÚA SEGUE PECHADA PERIMETRALMENTE POLO COVID.

-QUIROGA CUENTA CON EL ÚNICO CENTRO DE ATENCIÓN TEMPRANA PARA NIÑ@S DE HASTA SEIS AÑOS EN EL SUR LUCENSE.

-AS MAIORES RIADAS DO SIL EN SAN CLODIO FORON EN 1909 E 1959.

-EL DESBORDAMIENTO DEL RÍO SIL CAUSA DESTROZOS EN O BARCO.

 

  

GENTE QUE NOS VISITA.

 A veces las redes sociales sirven para algo y el caso que os vamos a contar no nos deja de sorprender. Hace unas semanas recibimos unos men...