Aproveitando que hoxe é o Día das Letras Galegas, queríamos facer referencia a dous libros fermosísimos: "O Val de Quiroga e Galiza: na saudade do corazón" de Xosé Estévez e "Bendollo, sempre na memoria. Crónica urxente dun mundo que esmorece" de Xerardo Rodríguez Arias.
Os títulos xa din moito sobre de qué tratan: historia, recordos, paixases, patrimonio, poesía, lugares, veciños, familia, costumes, a emigración... Están escritos con moito rigor, dende o cariño pero tamén dende a denuncia das inxustizas, combativos e á vez sentimentais polas lembranzas do vivido. Páxinas que de algunha maneira tamén falan da nosa Historia xa que o Val de Quiroga e Bendollo, a súa proximidade a nós, as súas xentes, é como estar lendo a vida do que foi Casares. Mención especial temos que facer do libro de Xerardo, onde conta con datos e testemuñas o triste suceso ocorrido no Santo Tirso de 1942 que segue na memoria da nosa aldea e a súa contorna.
En fin, poderíamos seguir falando durante horas. De seguro que estos libros non estarán nas listas de superventas e non ocuparán titulares. Pero para nós son imprescindíbeis para saber de ónde vimos, o que fomos e estar orgullosos das nosas raíces para loitar, para seguir loitando.
Se queredes mercalos sempre está a Libraría Celia de Quiroga, aquí podedes atopar calquer libro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario